O meu traballo consistía basicamente en conversar con grupos de 2 a 4 rapazas sobre o tema que me indicaba a profesora. Eu en concreto traballaba con 6 profesoras diferentes, dúas delas procedentes de Francia. O meu horario era dunhas 12 horas semanais de luns a xoves.
O certo é que non tiven que traballar moito. Só tiven que preparar unhas poucas clases nas que estaba eu soa a cargo dun pequeno grupo ou dunha soa alumna. Mais o mes de maio foi un pouco estresante porque as rapazas de 16 anos tiñan que facer os famosos exames do GCSE e eu tiña que practicar con elas antes de que entrasen na aula para facer o exame oral.
Aínda que ás veces o traballo se facía monótono, eu recomendo esta experiencia e animo a todos aqueles que queren mellorar o seu inglés. Ademais, é unha boa oportunidade de coñecer xente nova e entablar amizade como fixen eu coas miñas compañeiras de traballo.
3 comentarios:
boas! Eu votei para que puxeras mais fotos. ¿qué tal a experiencia? Eu sempre quixen ir ó Reino Unido pero o que mais custa é tomar a decisión, penso que unha vez alí non te arrepintes.
Ola
Felicidades polo teu blog e por poder transmitir unha interesante experiencia no mundo inglés. Espero que nos sigas contando anécdotas desa etapa da túa vida.
Saúdos
Aínda me queda alguna experiencia por contar. Cando teña máis tempo hei escribir algo novo e tamén colgarei algunha foto
Publicar un comentario