O meu traballo consistía basicamente en conversar con grupos de 2 a 4 rapazas sobre o tema que me indicaba a profesora. Eu en concreto traballaba con 6 profesoras diferentes, dúas delas procedentes de Francia. O meu horario era dunhas 12 horas semanais de luns a xoves.
O certo é que non tiven que traballar moito. Só tiven que preparar unhas poucas clases nas que estaba eu soa a cargo dun pequeno grupo ou dunha soa alumna. Mais o mes de maio foi un pouco estresante porque as rapazas de 16 anos tiñan que facer os famosos exames do GCSE e eu tiña que practicar con elas antes de que entrasen na aula para facer o exame oral.
Aínda que ás veces o traballo se facía monótono, eu recomendo esta experiencia e animo a todos aqueles que queren mellorar o seu inglés. Ademais, é unha boa oportunidade de coñecer xente nova e entablar amizade como fixen eu coas miñas compañeiras de traballo.