viernes, 14 de diciembre de 2007

Mellorando o inglés

Durante a miña estancia en Horsham tiven a sorte de que o instituto no que traballaba me pagase un curso para poder facer o exame do Cambridge Proficiency. O curso tiña lugar todos os venres en Chichester. Excepto un mexicano xa retirado, o resto de asistentes ao curso eran auxiliares coma min de distintas nacionalidades. A maioría eran alemáns aínda que tamén había unha italiana (a miña compañeira no instituto), unha austriaca, unha francesa e dúas españolas, sen contarme a min.
O curso incluía non só clases de lingua inglesa, senón tamén de literatura e un curso de introducción á ensinanza de lingua inglesa como lingua estranxeira (TEFL). Este curso foi especialmente útil para aprender a elaborar unidades didácticas amenas para os estudantes sen facer moito fincapé na gramática. Probablemente tamén contribuiu a que gañase algún kilo porque segundo o profesor era costume en Inglaterra que cada semana un alumno levase algún doce a clase. ¡Que cachondo! Debo dicir que lle daría o premio gañador ás crepes da francesa.
Para que vexades o bo ambiente que había entre nós aquí vos deixo unha foto dos auxiliares co profesor de lingua inglesa.

4 comentarios:

lauram dijo...

Viaxando polo mundo, así me gusta.
Un saúdo,
Laura

vero dijo...

¡Hola compi! Me parece genial que hayas vivido esa experiencia. Así es como realmente se aprende. Supongo que hablarás inglés por los codos, ¿no? Seguro que más que yo.
Un saludo.
Verónica.

escaramujo dijo...

Ola, Lucía!
Moi interesante! Eu teño varios amigos que tamén foron a insitutos por aí adeiante como auxiliares de conversación (pero case todos a Francia) e pasárono guay.
Vou votar para que nos ensines máis fotos ;)

Unknown dijo...

Ese costume de levar comidas típicas ás aulas de idiomas está ben estendido!
Lembro que cando estaba eu a aprender portugués na Escola de Idiomas, unha aula enteira a adicamos a probar os diferentes tipos de Porto (creo lembrar que tres: ruby, tawny e vintage). Mimadriña, como acabamos!
Eu tamén votei polo "Si ás fotos".