Mostrando entradas con la etiqueta Cambridge Proficiency. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cambridge Proficiency. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de diciembre de 2007

Mellorando o inglés

Durante a miña estancia en Horsham tiven a sorte de que o instituto no que traballaba me pagase un curso para poder facer o exame do Cambridge Proficiency. O curso tiña lugar todos os venres en Chichester. Excepto un mexicano xa retirado, o resto de asistentes ao curso eran auxiliares coma min de distintas nacionalidades. A maioría eran alemáns aínda que tamén había unha italiana (a miña compañeira no instituto), unha austriaca, unha francesa e dúas españolas, sen contarme a min.
O curso incluía non só clases de lingua inglesa, senón tamén de literatura e un curso de introducción á ensinanza de lingua inglesa como lingua estranxeira (TEFL). Este curso foi especialmente útil para aprender a elaborar unidades didácticas amenas para os estudantes sen facer moito fincapé na gramática. Probablemente tamén contribuiu a que gañase algún kilo porque segundo o profesor era costume en Inglaterra que cada semana un alumno levase algún doce a clase. ¡Que cachondo! Debo dicir que lle daría o premio gañador ás crepes da francesa.
Para que vexades o bo ambiente que había entre nós aquí vos deixo unha foto dos auxiliares co profesor de lingua inglesa.