Durante a miña estancia en Horsham tiven a sorte de que o instituto no que traballaba me pagase un curso para poder facer o exame do Cambridge Proficiency. O curso tiña lugar todos os venres en Chichester. Excepto un mexicano xa retirado, o resto de asistentes ao curso eran auxiliares coma min de distintas nacionalidades. A maioría eran alemáns aínda que tamén había unha italiana (a miña compañeira no instituto), unha austriaca, unha francesa e dúas españolas, sen contarme a min.
O curso incluía non só clases de lingua inglesa, senón tamén de literatura e un curso de introducción á ensinanza de lingua inglesa como lingua estranxeira (TEFL). Este curso foi especialmente útil para aprender a elaborar unidades didácticas amenas para os estudantes sen facer moito fincapé na gramática. Probablemente tamén contribuiu a que gañase algún kilo porque segundo o profesor era costume en Inglaterra que cada semana un alumno levase algún doce a clase. ¡Que cachondo! Debo dicir que lle daría o premio gañador ás crepes da francesa.
Para que vexades o bo ambiente que había entre nós aquí vos deixo unha foto dos auxiliares co profesor de lingua inglesa.
viernes, 14 de diciembre de 2007
Experiencia educativa en Inglaterra
Neste blog quero compartir a miña experiencia educativa en Inglaterra. Dende outubro de 2006 ata maio de 2007 estiven traballando como auxiliar de conversación de español nun instituto feminino en Horsham. Para aqueles que coma min non oíran falar nunca de Horsham direilles que está situado ao sur de Londres. Só precisas 1 hora en tren para chegar á capital inglesa. Esta pequena cidade viu nacer un dos grandes poetas do Romanticismo, P. Shelley, e como tributo unha fonte leva o seu nome.
En canto ao centro educativo trátase dun instituto feminino (Millais School) especializado en linguas que conta con auxiliar de español, francés, italiano, alemán e xaponés. A idade das rapazas está comprendida entre os 11 e os 16 anos. O centro conta con máis de 1000 estudantes e arredor de 80 profesores.
O meu traballo consistía basicamente en conversar con grupos de 2 a 4 rapazas sobre o tema que me indicaba a profesora. Eu en concreto traballaba con 6 profesoras diferentes, dúas delas procedentes de Francia. O meu horario era dunhas 12 horas semanais de luns a xoves.
O certo é que non tiven que traballar moito. Só tiven que preparar unhas poucas clases nas que estaba eu soa a cargo dun pequeno grupo ou dunha soa alumna. Mais o mes de maio foi un pouco estresante porque as rapazas de 16 anos tiñan que facer os famosos exames do GCSE e eu tiña que practicar con elas antes de que entrasen na aula para facer o exame oral.
Aínda que ás veces o traballo se facía monótono, eu recomendo esta experiencia e animo a todos aqueles que queren mellorar o seu inglés. Ademais, é unha boa oportunidade de coñecer xente nova e entablar amizade como fixen eu coas miñas compañeiras de traballo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)